AXENCIA DE TRADUCIÓN CÍBER

Traducindo seguridade.

O primeiro servizo exclusivo de tradución, interpretación e localización no eido da ciberseguridade de Ourense.

A nosa misión.

Nun mundo cada vez máis interconectado, é fundamental que as empresas e os profesionais da ciberseguridade poidan comunicarse de forma eficaz en diferentes idiomas.

Grazas á tradución, os expertos en ciberseguridade poden compartir as mellores prácticas, investigacións e solucións en todo o mundo, reforzando así a seguridade en liña global.

Sendo conscientes desta realidade, Traditive xorde como unha iniciativa para garantir que a información de ciberseguridade se traduce de xeito claro e eficaz en múltiples idiomas, constituíndo unha peza clave para o intercambio de coñecementos nesta industria en constante evolución.

Así pois, a figura de Traditive aporta o valor engadido necesario no proceso de produción de información de ciberseguridade no seo dunha empresa.

Os nosos servizos

Axudámoste a superar as barreiras lingüísticas na produción de documentos, informes, manuais, presentacións ou calquera outro tipo de contido relacionado coa ciberseguridade para garantir unha comunicación exitosa.

Tradución
Localización

Traducir apps e páxinas web require ferramentas especializadas de tradución para garantir que as diferentes versións lingüísticas posúan a calidade requerida, xa que tamén interveñen os aspectos culturais asociados a cada lingua.

white and gray optical illusion
white and gray optical illusion
Revisión

Facemos comprobacións en materia terminolóxica, estilística e ortotipográfica para procurar a excelencia nos teus documentos e que se aliñen ao estándares de calidad esixidos.

Idiomas dispoñibles: galego, español, inglés, francés e alemán.

CALIDADE DA INDUSTRIA

Traducións aliñadas cos estándares da industria

Temos un coñecemento profundo do léxico e terminoloxía empregados no eido do hacking ético, a xestión de vulnerabilidades e informes de seguridade, garantindo que empregamos os termos axeitados nas nosas traducións.

Contacto

Envíanos un correo...
... ou chámanos!

info@traditive.es

+34 682 73 53 84